A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

25.12.11

O senRecortesRock promocionase na rúa

Ao longo da mañá da Noite Boa algúns dos membros da Plataforma estivemos cun stand na Praza do Concello para promocionar o concerto que pedirá á Xunta que pare cos recortes na Sanidade Pública.


O posto instalado no centro do Barco serviu para informar á cidadanía dos últimos cambios e do que a Xunta de Galicia prepara cara o 2012 ademáis de vender as entradas do senRecortes Rock.

Avecíñase un ano moi duro no referente aos recortes que se van levar a cabo por parte dos poderes públicos, que van afectar dunha forma moi especial á sanidade pública:

·    O desmantelamento da área sanitaria aprobado hai un par de meses, vai provocar non só que o noso hospital non creza, (para o ano 2012 o único proxecto de mellora na nosa área vai ser en Ourense e non se contempla investir nada) senón que ademais é mais que posible que perdamos moitos servizos que agora temos e, polo tanto, as viaxes a Ourense para ir ó médico vanse incrementar considerablemente.
·    A supresión dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, vai  deixar sen radiólogo de garda o HCV.
·    Podemos, ademais, ver reducido o tempo de atención dos centros de saúde con menos usuarios, posto que o SERGAS comezou xa a normalizar os contratos de media xornada.
·    O pago pola xestión das tarxetas sanitarias, xa foi aprobado o mesmo que a supresión do dereito á asistencia a persoas inmigrantes ata seis meses logo de estar empadroados.
·    Feijoo ven avisando en varios medios de comunicación do pago por adiantado das próteses das persoas intervidas quirurxicamente ou que padezan serias discapacidades, así como o pago pola comida, limpeza, aseo, etc., das persoas hospitalizadas ademais da súa intención de pór fin á gratuidade das receitas aos pensionistas.
·    Por non falar da privatización do financiamento e xestión dos novos hospitais e centros de saúde; a paralización da actividade dos hospitais públicos pola tarde; a supresión de servizos de ambulancias; a privatización dos servizos de información aos usuarios, de informática e a Central de Compras, a supresión do dereito á atención ás persoas sen recursos ou parados de longa duración.

Nenhum comentário:

Postar um comentário