A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

28.5.12

A Plataforma anucia novas accións para a nova manifestación do 10 de xuño.

A Plataforma en defensa da sanidade público da área do Barco comezou unha nova andaina de cara a promocionar unha nova mobilización multitudinaria convocada para o domingo 10 de xuño. A manifestación sairá ás 20 horas desde o Hospital Comarcal para percorrer varias rúas da vila.



Ao longo da festa de Santa Rita do Barco, os integrantes da Plataforma difundiron as súas actividades. Unha marea de dípticos inundaron o campo da festa para anunciar as novas da plataforma que cre que é un momento crucial para loitar e se manifestar en prol dunha sanidade pública e grattuita para todos e todas.

No calendario que propón a organización está tamén a grande manifestación nacional que sairá desde a Alameda de Santiago de Compostela o día 3 de xuño convocada por SOS Sanide Pública e que secundarán as Plataformas de todos o País que están a loitar pola Educación e máis pola Sanidade públicas.

O mércores 6 de xuño ás 20.30 horas celebraráse no Teatro Lauro Olmo unha asemblea aberta na que a Plataforma explicará os pormenores dos cambios na sanidade da nosa área así como os recortes aplicados polo Partido Popular e que impiden un correcto funcionamento dalgúns centros de saúde e do propio Hospital Comarcal de Valdeorras.

O calendario de actividades remata coa convocatoria da manifestación do domingo 10 de xuño, que a plataforma xa está a espallar con cartaces e polas redes sociais.

Nenhum comentário:

Postar um comentário