A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da área do Barco voltará a sacar á rúa miles de persoas para defender unha sanidade digna, de calidade e gratuíta para todos e todas.
A manifestación perdorrerá as rúas barquenses desde o seu comezo ás 20.30 desde o hospital comarcal (HCV). A protesta terá lugar o domingo 10 de xuño.
Ademais a Plataforma xa leva uns días anunciando unha asemblea aberta co obxectivo de informar sobre os cambios que sufriu a sanidade na nosa área, e os motivos polos que convocamos unha nova protesta. Esta xuntanza será no Teatro Lauro Olmo (antiga Casa da Cultura do Barco) o mércores 6 de xuño ás 20 horas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário