A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

11.6.12

A nosa área sanitaria di non aos recortes e privatizacións na Sanidade Pública.



4.000 persoas secundaron a convocatoria da Plataforma en defensa da Sanidade Pública na área do Barco. Pese aós condicionantes en contra (fútbol, festas e choiva ameazante) a manifestación conseguiu ser multitudinaria.


Dende a Plataforma estamos satisfeitos co resultado do traballo levado a cabo nos últimos días: que miles de persoas decidiran secundar a mobilización que convocamos é todo un éxito en contra dos recortes de Feijoo e de Rajoy, que vén a pedir unha paralización das políticas neoliberais do PP que recortan no público, desmantelando o sistema de benestar, para dárllelo á banca. 

A marea de xente saíu de do Hospital percorrendo as rúas de Abdón Blanco, o paseo do Malecón e a Praza Maior. Un dos momentos de máis fervor desenvolveuse diante da sede do Partido Popular que foi cando os e as manifestantes lanzaron as consignas máis duras en contra do partido e dos seus dirixentes. A andaina rematou na praza Andrés de Prada onde se deu lectura ao manifesto.

Dende a Plataforma aproveitamos para dar as grazas ás persoas que seguen a defender a nosa sanidade pública, especialmente aquelas que viñeron das diferentes localidades que conforman a área sanitaria.

Así, seguimos a dicir: SOMOS UNHA ÁREA!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário