A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

Manifesto 10/06/2012

Manifesto para a manifestación do 10 de xuño de 2012


Boas tarde a todos e todas en nome da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco.

Unha vez máis e despois de transcorridos 8 meses dende a última manifestación en defensa da noso Hospital, dos nosos Centros de Saúde, en definitiva da nosa Sanidade, volvémonos  atopar aquí manifestando o noso cabreo polos recortes na Sanidade Pública.
Dende a aprobación do Decreto de  Área de Xestión Integrada a calidade asistencial vénse degradando continua e progresivamente:
·       As listas de espera cada vez son máis longas na maioría dos servizos e tamén,  por primeira vez, isto ocorre nos Centros de Saúde
·       Tómanse decisións onde a Xerencia de Área Integrada amosa pouca sensibilidade cara a  nosa Área, como o demostra o caso da supresión dun médico en A Veiga, deixando o Concello de máis extensión de Galicia cun só médico e, o que é máis grave, que se fai para suplir a ausencia doutro en Viana.
·       Non se están a cubrir as prazas vacantes de médicos, enfermeiras e persoal de xestión en boa parte dos Centros de Saúde da nosa Area.
·       Unha situación sen precedentes é a que acabamos de sufrir ata  hai  uns días na que o Hospital, e por conseguinte toda a Área estivo sen un sevizo tan básico como é o de hematoloxía. Co risco que esto supuxo para os doentes que tiveran que ser transfundidos ou intervidos de forma urxente con necesidade de sangue e puideran sufrir algún problema durante as intervencións.
·       A día de hoxe temos un internista e un xinecólogo menos que hai 8 meses e seguimos a reclamar a cobertura do cuarto traumatólogo
·       De novo este ano vanse pechar camas no Hospital e todo isto pola non cobertura das diferentes prazas vacantes así como a non substitución da plantilla durante todo o ano e especialmente no verán.
·       Seguimos temendo que o SERGAS elimine por privatización algúns sevizos básicos do Hospital como o sevizo de radioloxía ou laboratorio entre outros.

Por outra banda, o Presidente da Xunta vén de anunciar que é posible o cobro por servizos que presta o Sergas de maneira gratuíta como os de comidas e aseo dos doentes.

Isto sumado ao decreto que recentemente aprobou o Goberno  Central de medidas “para el mantenimiento de la Sanidad Publica” no que entre outras cousa se aproba o aumento no pago das menciñas e o pago por servizos como o transporte sanitario non urxente, co que os usuarios deste transporte como poden ser, os que precisan diálise, rehabilitacion, probas ou tratamentos que requiran desprazamento en transporte sanitario terán que pagalo.
Como terán que pagar parte do custo das próteses tales como cadeiras de rodas, muletas e outras similares.

Este  Decreto, polo tanto, desmantela o sistema sanitario público, elimina a universalidade da prestación sanitaria e principios básicos como a promoción da saúde, a prevención, o tratamento e a rehabilitación, agravando os problemas de saúde pública.

O Partido Popular sérvese da crise para privatizar a sanidade e beneficiar ás empresas privadas que accederán a prestar parte dos servizos da Sanidade Pública e as aseguradoras que a partir de agora verán incrementada a súa carteira de clientes ó reducirse na sanidade pública, boa parte dos servizos que ata agora eran gratuítos para a poboación, posto que xa contribuïamos todos con impostos directos e indirectos na financiación da sanidade universal.
É falso, ademais, falar de déficit da sanidade pública, cando do que se debe falar é dun déficit no orzamento que se destina. Así que mentres no estado español, e con datos de 2008, se destinan 1.492 € per cápita, en países como Alemaña supera amplamente os 2.000 € ou os 3.000€ no caso de Dinamarca.
Do mesmo xeito, en termos de PIB, o peso da sanidade pública, no estado español é dun 6,5%, cando en Francia é do 8,48%. “Se se incrementaran eses dous puntos no PIB, non teriamos déficit, senón superávit.
Agora, parte dese diñeiro que todos e todas aportabamos á sanidade e á educación, vai servir para rescatar ós bancos, como no caso recente de Bankia, que despois de terse lucrado durante anos, leváronnos a esta crise que agora lles serve de paraugas para desviar eses fondos dos servizos públicos ós seus petos, bancos que por certo non teñen prexuízo ningún á hora de desahuciar a centos de familias que quedaron sen emprego e coa hipoteca a medio pagar.

Para este goberno, a prioridade é salvar a banca a expensas da sanidade e os servizos públicos. É hora de dicir BASTA.

SEGUIREMOS LOITANDO:

POR UNHA ATENCIÓN SANITARIA DIGNA NA NOSA ÁREA
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E UNIVERSAL

SOMOS UNHA ÁREA!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário