Plataforma en defensa da sanidade pública da área do Barco
Somos unha Plataforma integrada por cidadáns e cidadás, asociacións de todo tipo (Asociación de afectados por Fibromialxia, DISVAL...); sindicatos (CIG, UXT, CCOO, SATSE) e partidos políticos (BNG e PSOE pero non o PP).
Recentemente incorporouse a Palataforma en Defensa do Ensino Público de Valoderras.
O noso obxectivo é defender unha sanidade pública e digna na área sanitaria do Barco, que engloba as comarcas de Valdeorras, Trives e Viana.
O 5 de agosto de 2011, a Consellaría de Sanidade que dirixe a popular Pilar Farjas, publicou no DOG un decreto polo cal a área sanitaria do Barco queda completamente integrada na de Ourense, co que supón que a nsa área perda independencia de xestión de recursos económicos e humáns.
Dende aquela levámoslle pidindo á Consellería que derrogue o decreto, e esta fai caso omiso das nosa peticións.
Se queres contactar connosco podes facelo no seguinte e-mail: sanidadeareaobarco@gmail.com