A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

senRecortes Rock



Que?
Un concerto de chamado "senRecortes Rock"
Cando?
Data: Venres 30 de decembro de 2011 ás 22 horas (e até que o corpo aguante!)
Quen?
Grupos: Sen saída, Placeres Solitarios, Navegando a Barlovento, Trasnochando e Os Cuchufellos
Organiza: Plataforma en defensa da Sanidade Pública da área do Barco
Colabora: Emociois.com

Onde?
Lugar: Campo da Festa do Malecón do Barco de Valdeorras. (+42° 24' 53.56", -6° 59' 23.79")
Haberá insatalada unha carpa xigante, e no seu interior cañóns calor.

Venda anticipada de entradas:
Ourense: O Moucho
O Barco: Malteria e en Ton y Son
A Rua: Bar 4 Camiños
Trives: O Cafeto
Viana: Panaderia o chusco


Canto?
Prezo das entradas: 8 € (anticipada) e 10 € (na billetería)

Por qué?
Por unha sanidade pública digna e gratuíta para todos e todas
Obxectivos: Este concerto é un acto en contra dos recortes da Xunta de Galicia en xeral e da Consellería de Sanidade en particular. Organízase para informar, reivindicar e sensibilizar a cerca dos problemas que ten a Sanidade Pública na nosa área que comprende as comarcas de Valdeorras, Trives e Viana. E tamén para recaudar fondos para que a Plataforma poida seguir a traballar como até agora opóndose a cada recorte que aplican á nosa sanidade.

Sorteo: Ao longo do concerto sortearáse co número da entrada unha "viaxe sanitaria" que consiste nunha viaxe en tren rexional para dúas persoas a Ourense e estancia dunha noite en hostal de unha estrela, pois imos precisar desa viaxe cando teñamos que ir ao médico a Ourense. Ademáis sortearánse exclusivas camisetas do concerto.

Compartes?
O noso Facebook: http://www.facebook.com/somosunhaarea
Para twittear a cerca do concerto podes facelo coa hashtag #senRecortesRock
Para facelo da plataforma ou de calquera cousa relacionada coa sanidade da nosa área sanitaria (Comarcas de Trives e Viana e Valdeorras): #somosunhaarea


Nenhum comentário:

Postar um comentário